domingo, 10 de mayo de 2009

Visita diplomática

Un grupo de aguerridos profesores/as do Morraço, Conventus Bracarensis, tentou hai algo máis dun mes restablecer as relacións diplomáticas coa Germania. O motivo da visita era coñecer de primeira man as causas da invasión do Noroeste peninsular por parte dos suevos alá polo século V da nosa era (teño que consultarllo a Anselmo non vaia meter a pata!!) e tamén a nosa posterior relación cos viños brancos xermanos (que hai de certo nesa tradición que os vincula aos viños do Mosela a través do Camiño de Santiago?). Con viño ou sen el puidemos comprobar que a cervexa, que corría polos nosos castros, non era descoñecida por estas latidudes...
A xenerosidade xermana brindóunos magníficas estadías en Berlín, Postdam, Spandau... pero, sen querelo, volviamos sempre ao mesmo sitio: a nosa Postdamer Platz. Contemplade unha pequena sinopse da súa prestancia.
Aufwiedersehen, Meine Damen und Herren!!.


5 comentarios:

Beni dijo...

Iso de meine damen non mo dis ti á cara.

RRocamonde dijo...

Como o último dos lexionarios desa expedición teño que dicir que o comentario está absolutamente acertado; e desde o punto de vista histórico habería que investigar se a cervexa nola trouxeron eles ou se a levaron de aquí; de calquera maneira se veñen invedirnos de novo cun barril non vou ser eu quen máis resistencia opoña

Álvaro P. Vilariño dijo...

Pero ao final o do viño como queda?
pd: que envexa de viaxe, preciosa cidade. Vese que están bastante romanizados estes bárbaros....

sabela dijo...

Gallaeci ad Germaniam veniunt!
A verdade é que o pasamos moi ben e case invita a unha reconquista.

cantodarea09 dijo...

A que dá envexa o da cervexa? O mellor de todo é que non se sube!!!Moi ben, Pepín!!!