O 16 de maio tivo lugar a inauguración da exposición
Urbi et Orbi: desde o galego para o mundo, un traballo froito da colaboración do IES María Soliño e do IES de Rodeira de Cangas do Morrazo. Auspiciado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES María Soliño, esta exposición é un intento de resaltar a importancia da Literatura Galega a nivel internacional: nos paneis explicativos vanse desenvolvendo as diferentes etapas da traductoloxía, de Cicerón a George Steirner, así como as primeiras traducións do galego a outras linguas. O público pode observar e palpar os exemplares subministrados por algunhas embaixadas estranxeiras e polas editoriais galegas OQO e KALANDRAKA.
Podes seguir a cobertura informativa do evento no xornal
Faro de Vigo na súa edición do Morrazo.
Na ágora do noso centro podedes vela durante o mes de xuño. Seguide a información colgada na
páxina do IES María Soliño así como unha serie de fotografías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario